{"product_id":"a-verdade-xuridica-o-pensamento-zombi-e-a-tradicion-repub","title":"A VERDADE XURÍDICA, O PENSAMENTO ZOMBI E A TRADICIÓN REPUB","description":"\u003cp\u003e Ao seu xeito este ensaio é unha viaxe no tempo. Unha viaxe que comeza na Grecia clásica e as súas achegas ao noso mundo: o nacemento do pensamento abstracto, do dereito e do público: un espazo baleiro no centro das súas cidades onde os cidadáns se despoxaban de parte dos seus dereitos que cedían a favor da convención. Tamén nacen os impostos modernos, concibidos como convención e afastados da servidume. Naceu o público, o home aristotélico como ser social e a república cidadá. Hoxe a esfera privada é fustrigada e comprimida polo público. O teatro grego, onde os cidadáns teñen cómoda visión da escena pública áchase substituído polo Panóptico de Bentham, onde un Grande Irmán observa dende o centro arquitectónico as celas e galerías onde habitan os privados. Como Raiola de Cortazar, pode ser lido de principio a fin. Pero tamén pode empezar por ?O Paradoxo de Kaolin?, seguir con ?Emerson, Lake \u0026amp;Pálmer? e volver ao principio. Ou a Ockham, para descubrir o dereito subxectivo, e de volta a Grecia, á república cidadá e rematar con Kant: a súa formulación da autonomía privada. Pero todas as múltiples combinacións posibles para a súa lectura lle devolverán á idade media, despoxado dos seus dereito subxectivos;a séculos da tradición republicana. Se ademais é vostede traballador do naval, socio dun estaleiro ou investidor que axudou á industria naval galega, fágame caso: sáltese o capítulo dedicado ao Sr. Almunia, ?O bordel da estrada?. Ou léao, pero tómese unha aspirina. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 150\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2015.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Antón Beiras Cal \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484872948 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 358492\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47279060058436,"sku":"9788484872948","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487294.jpg?v=1739844090","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-verdade-xuridica-o-pensamento-zombi-e-a-tradicion-repub","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}