{"product_id":"a-revolucion-en-marcha-a-comuna-de-paris-1870-1871","title":"A revolución en marcha. A comuna de París (1870-1871)","description":"\u003cp\u003e Título: A revolución en marcha.Subtítulo: Decretos e proclamas da comuna de París(Setembro 1870-Maio 1871)\"...se algunha aprendizaxe é posible extraer da Comuna é que a abolición do Estado non significaría a súa «extinción na simple xestión racional do social», senón «a posta en deliberación permanente do público» (Daniel Bensaïd). É dicir, a construción dun espazo dialéctico, dun espazo atravesado por tensións múltiples, e polo tanto aberto e liberado. A diferenza do falansterio, a Comuna non precisou proxectarse a si mesma no futuro. E na medida en que foi realmente posible, na medida en que nela o ideal da emancipación humana tivo lugar dun xeito efectivo, deixou tras dela un inxente rastro material. A este rastro pertence a extraordinaria produción imaxinaria que foi quen de xerar, dende os textos a pé de obra que recolle esta escolma ao documental de Peter Watkins, pasando polas palabras dos poetas, dos filósofos e dos novelistas, incluído o Émile Zola do Ventre de París. Escrita logo do abatemento da Comuna, Rancière ve na súa aparición o lugar dunha nova reordenación do sensible, un lugar que «celebra a épica das coles, a épica dunha nova beleza que opón á arquitectura de ferro de Les Halles e as moreas de legumes que contén, á vella beleza sen vida simbolizada pola veciña igrexa gótica». Porque a Comuna, en suma, existiu, e foi quen de transformalo todo ao seu paso, tanto a política como a estética, até o punto de que a súa lóxica non pode ser a da utopía, senón a do espectro. A Comuna non di «isto será posible», senón «isto foi posible» e a certeza da súa existencia anterior cifra a medida de calquera esperanza futura. A Comuna non pode ser replicada, pero pensar en todo o que supuxo é unha das formas nas que o pasado conflúe coa esperanza\".María do Cebreiro \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 158\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Xesús Conzález Gómez \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484875161 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 745669\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54330107068740,"sku":"9788484875161","price":14.96,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487516.jpg?v=1740417078","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-revolucion-en-marcha-a-comuna-de-paris-1870-1871","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}