{"product_id":"a-raposa-muineira","title":"A raposa muiñeira","description":"\u003cp\u003e Unha raposa moi traballadora que ten un muíño na serra do Courel, dous ratiños africanos, un can de podengo xubilado, un burro fariñeiro novo e atolado, e un ourizo cacho orfo adoptado pola raposa son os personaxes principais dunha historia inclusiva na que todos teñen cabida e cada quen é importante. Este conto narra a historia do día no que a cobiza humana quixo destruír a beleza e o equilibrio da serra. Ese día o Courel esperta diferente, non recende coma sempre, escóitanse estraños ruídos, hai lumes de fogueiras, lixo polo monte e polo río, e leñadores cortando árbores. A raposa muiñeira xunto cos animais da serra tentarán parar a desfeita, pero non poden facelo sós, precisan contar con axudas doutro mundo, o espírito do poeta do Courel, Uxío Novoneyra, e unha Santiña Compaña rebuldeira e divertida. A raposa Muiñeira é un conto coa esencia da tradición oral e dos contos encadeados, os retrousos populares. Unha historia que mostra como é posible a convivencia humana, animal e vexetal na serra do Courel e a necesidade da conservación do medio natural. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 1\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  ELVIRA EDITORIAL \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  do Roxo, Clara \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788412639575 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 961103\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54425594691908,"sku":"9788412639575","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841263957.jpg?v=1741641185","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-raposa-muineira","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}