{"product_id":"a-que-sabe-a-lua-xl","title":"A que sabe a lúa? XL","description":"\u003cp\u003e Unha edición grande e acartonada do clásico ilustrado, agora en galego, ideal para contar e compartir. “A que sabe a lúa ” é, sen lugar a dúbidas, unha das publicacións máis emblemáticas do catálogo de Kalandraka. Desde a súa publicación en 1999, máis de 500.000 exemplares deste relato de solidariedade e soños compartidos teñen viaxado a fogares, escolas ou bibliotecas nos diferentes idiomas nos que foi editado: galego, castelán, català, euskara, portugués, inglés, italiano... Kalandraka achéganos agora en lingua galega este clásico contemporáneo nun novo formato en cartoné e tamaño excepcional, ideal para ler en grupo e que de certo se converterá nun recurso imprescindible para mediadoras, escolas e bibliotecas. “A que sabe a lúa ”, escrito e ilustrado polo autor e ilustrador polaco Michael Grejniec, é un libro especialmente recomendado para primeiros lectores. Basea a súa estrutura nas repeticións e na acumulación de personaxes, un recurso moi frecuente na literatura de tradición oral. Esta obra convida a ser contada, conseguindo unha grande interacción entre o narrador e os receptores. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 28\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Grejniec, Michael \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788413433141 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 981755\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54403399254340,"sku":"9788413433141","price":24.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841343314.jpg?v=1741262337","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-que-sabe-a-lua-xl","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}