{"product_id":"a-propiedade-do-vento-galego","title":"A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO","description":"\u003cp\u003e A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO O desenvolvemento do sector eólico en Galiza (1995-2011)Neste libro, a autora analiza e contrasta as políticas de fomento da enerxía eólica levadas a cabo nos principais países produtores do mundo (China, Alemaña, Estados Unidos e o Estado español), en países pioneiros (Dinamarca, Reino Unido, Francia e Holanda) e en áreas potencialmente significativas (Xapón, Lituania e América Latina), tanto en enerxía eólica terrestre como en enerxía eólica offshore.Centra o seu estudo na caracterización do marco normativo desenvolvido en Galiza desde o ano 1995 até a actualidade, analizando as diferentes etapas en función da normativa en vigor e determinando a potencia eólica instalada en cada unha desas etapas. Estuda de xeito pormenorizado o concurso eólico do goberno bipartito da Xunta de Galicia, así como o primeiro concurso eólico do actual goberno, definindo as principais fortalezas e debilidades de cada un. Ademais, presenta a titularidade da potencia eólica instalada en Galiza, chegando a configurar o actual atlas empresarial eólico de Galiza, en que a participación de empresas de capital estranxeiro é notabelmente significativa e superior á das empresas de capital maioritariamente galego.Galiza converteuse nunha potencia eólica, un territorio que serviu de campo de probas a desenvolvementos posteriores noutros lugares, que transformou en parte o sistema enerxético galego e español e que modelou a paisaxe. Este papel destacado posibelmente se manteña no futuro, mais o prezo que houbo que pagar quizás fose demasiado alto.O vento seguirá chegando aos montes galegos, mais o vento de Galiza xa non é galego e, de mantérense as circunstancias que o fixeron posíbel, non volverá a selo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 222\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rosa Mª Regueiro Ferreira \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484873341 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 489261\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47288777048388,"sku":"9788484873341","price":17.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487334.jpg?v=1739961895","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-propiedade-do-vento-galego","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}