{"product_id":"a-ollada-do-desexo-obra-fotografica-1933-1973","title":"A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973","description":"\u003cp\u003e Eduardo Blanco Amor, paralelamente ao seu labor de escritor e xornalista, desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade como fotógrafo, recollendo testemuños gráficos en todas as viaxes que realizou (Andalucía e Marrocos antes da Guerra Civil, Chile durante o exilio americano, Castela, Cataluña e Italia á súa volta a Galicia), amais de desenvolver unha importante obra fotográfica como retratista (serie de retratos de García Lorca, Aitana Alberti, persoeiros da Segunda República, autorretratos, emigrantes en Buenos Aires, etc.) e como observador orixinal e profundo da Galicia do seu tempo. O obxectivo do libro é difundir unha obra fotográfica de indubidable calidade estética, creativa e variada, atenta á paisaxe, á xente, aos efectos da luz e á composición da imaxe. A mirada de Eduardo Blanco Amor é unha mirada que expresa o desexo de apreixar o mundo, de contemplalo dende a propia experiencia. As fotografías que se recollen neste libro son a mostra dunha actividade á que se dedicou non dun xeito circunstancial senón cunha intención claramente estética e documental e como a expresión da súa necesidade de apreixar o mundo no que viviu, de integralo na súa vida e de tentar explicalo desde a súa propia concepción da realidade. Unha obra eminentemente artística, resultado do interese do propio autor polas tendencias fotográficas da época e da historia da fotografía que nela se ven reflectidas: expresionismo, pictorialismo ou reportaxe. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 204\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Blanco Amor, Eduardo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788482887357 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 36028\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241983951172,"sku":"9788482887357","price":29.75,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848288735_34339c3f-1733-43d7-be4a-7010eabb1c13.jpg?v=1739520806","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-ollada-do-desexo-obra-fotografica-1933-1973","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}