{"product_id":"a-obra-dramatica-de-roberto-vidal-bolano","title":"A OBRA DRAMATICA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO","description":"\u003cp\u003e A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño é o relato da carismática procura dunha poética teatral propia. O libro traduce en termos divulgativos unha complexa aventura artística seguindo o rastro dun creador xenial que ilumina os vinte e cinco anos finais do segundo milenio. Neste alambique destílase un insólito fenómeno cultural colectivo, metonimia da vitalidade dun ambiente social ben próximo aínda que xa admite unha visión histórica. O volume iníciase reivindicando o valor do autor e reconstruíndo a súa carreira para logo catalogar e clasificar as súas obras, avanzando unha lectura temática dos proxectos en que empeñou a vida. A proposta remata esgotando a análise dun proxecto, a primeira superprodución plenamente galega, Agasallo de sombras. Deste modo supérase o perfil externo e penétrase no obradoiro creativo do autor mediante a reconstrución virtual dos procesos de creación e explotación escénica e a análise dos textos desde dous focos complementarios, o dramatolóxico e o teórico-crítico. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 592\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2015.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Xose Manuel Fernandez Castro \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484872849 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 349936\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54280050770244,"sku":"9788484872849","price":48.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487284.jpg?v=1739839013","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-obra-dramatica-de-roberto-vidal-bolano","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}