
A NENA DO ABRIGO DE ASTRACáN
A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla;Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean;Isidoro, o alfaiate mártir;Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida... son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua. Novela de longo alento, traballada ao longo de máis de quince anos, A nena do abrigo de astracán reflicte un mundo que, aparentemente afastado, dá explicación de como todo se constrúe e controla desde a toma do poder e o dominio do territorio onde se exerce. Obra memorable e conmovedora, sitúa ao seu autor como un dos clásicos contemporáneos da nosa narrativa.
Número de páginas: 400
Año de edición: 2017.0
Editorial: XERAIS
Idioma: GLG
Autor: Docampo, Xabier P.
EAN: 9788491212867
Código interno: 576785
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
