{"product_id":"a-memoria-da-choiva","title":"A memoria da choiva","description":"\u003cp\u003e Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano... Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 472\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2013.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Feijoo Barreiro, Pedro \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788499145709 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 293395\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47276176212292,"sku":"9788499145709","price":24.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914570.jpg?v=1748607746","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-memoria-da-choiva","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}