{"product_id":"a-memoria-da-arbore","title":"A MEMORIA DA ÁRBORE","description":"\u003cp\u003e «Son coma dúas pingas de auga», di o avó cando miña nai e mais a avoa discuten. «Non discutimos, nós sempre falamos así», responden ambas se llelo botas na cara. E o mellor que podes facer é deixalas soas. Que son coma dúas pingas de auga quere dicir, ben sei, que son iguais, díxome meu avó e, deseguido, foise para o despacho dos meus pais e volveu cun álbum poeirento para ensinarme unhas fotos de cando a avoa tiña a idade de mamá: ?Son clons! ?dixen. Desde ese día, miña nai e mais a avoa son as cloniñas. Elas non o saben, é que meu avó e mais eu temos algúns segredos... «Podo poñerme contento?», pregunta Jan cando lle contan que o avó Joan e a avoa Caterina van ir vivir con el e cos seus pais. Porque Jan intúe que algo pasa, que o feito de seren cinco na casa non é tan boa noticia. Será un cambio que vai alterar o día a día de toda a familia;a partir dese momento, as palabras e os silencios terán novos matices na vida cotiá. Pero o rapaz ten o seu propio mundo, cheo de paseos, árbores e letras. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 224\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2019.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  FAKTORIA K DE LIBROS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Vallès, Tina \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788416721405 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 654245\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54315664277828,"sku":"9788416721405","price":17.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841672140.jpg?v=1740196992","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-memoria-da-arbore","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}