{"product_id":"a-materialidade-das-fillas-de-lupa","title":"A materialidade das fillas de Lupa","description":"\u003cp\u003e Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre todo, das personaxes, fronte a outro tipo de tramas. Dentro das propiedades das que emerxen as protagonistas ten especial relevancia a de xénero. Ser rexistradas como personaxes mulleres activa outros trazos satélites que as dotan dun atractivo especial para a arte. A marxinación, a anomalía, a cuantificación do corpo, pero tamén a loita, é dicir, a construción dunha identidade en conflito, abren un espazo para o insólito e permiten un percorrido argumental complexo. Mais tamén nos enfrontan a unha dupla condición ontolóxica: ser muller, como ser personaxe de ficción, é ser algo, un obxecto que emerxe dunha serie de inscricións e que forma parte da realidade, aínda que as inscricións sexan sociais. De feito, a abundancia de protagonistas femininas que se dedican ao traballo artístico emparella a emerxencia das mulleres e das personaxes, xa que as dúas son obxectos sociais, non naturais, sen que isto supoña que non teñan a mesma dignidade na súa existencia. Deste xeito, desde o punto de vista da ontoloxía da arte e do novo realismo analízanse os tipos de obxectos ficcionais femininos que aparecen na narrativa galega do século XXI e as inscricións das que xorden, desde a convicción de que as personaxes, tamén os personaxes, existen. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 152\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2022.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Otero, Inma \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411101714 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 837065\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54371799335236,"sku":"9788411101714","price":20.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110171.jpg?v=1740817400","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-materialidade-das-fillas-de-lupa","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}