{"product_id":"a-malferida","title":"A malferida","description":"\u003cp\u003e Premio Illa Nova de Narrativa 2022 O medo é un sentimento forte e poderoso, unha arañeira que te atrapa nos seus fíos e da que custa saír por unha mesma. Mariña sente esa impotencia con só catorce anos. É intelixente, ten unha nai que a quere, pero a súa vida enmaráñase nos fíos do terror cada vez que vai ao colexio. O seu único desexo é pasar desapercibida, ser invisible aos ollos dos seus acosadores, pero a escalada de violencia increméntase día a día, mentres segue atrapada nunha situación da que ninguén parece decatarse. Hai quen mira para outro lado e hai quen non quere ver, ata que unha tarde desaparece. Azucena denuncia a ausencia da súa filla e os axentes da policía comezan a investigación coa esperanza de atopar a Mariña con vida. O medo domina agora a toda a vila, tamén a aqueles que saben da súa culpabilidade. É tempo de que os segredos saian á luz, de que falen os que sempre calaron, de que se rompa a arañeira. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 212\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2022.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rega Jul, Irene \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491519546 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 857107\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54373050155332,"sku":"9788491519546","price":18.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151954.jpg?v=1740847867","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-malferida","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}