{"product_id":"a-lola","title":"A LOLA","description":"\u003cp\u003e A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da 2º República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o \"pasado non ausente\": polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a condicionar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e regresan casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de igualdade e liberdade democrática. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 90\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Manuel Ayán \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484873938 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 597170\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54306079277380,"sku":"9788484873938","price":10.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487393.jpg?v=1740077358","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-lola","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}