{"product_id":"a-illa-das-esculturas","title":"A illa das esculturas","description":"\u003cp\u003e A Illa do Covo, topónimo como se coñece a insua formada na xunqueira do Lérez, muda en Illa das Esculturas no contexto do ano Xacobeo 99. O proxecto xorde para incorporar o borde urbano ao centro histórico e cultural de Pontevedra, e a illa convértese nunha extensión ao ar libre do Museo Provincial. A Illa das Esculturas baséase nunha simbiose entre medio ambiente e paisaxe, desenvolvendo un diálogo co espazo natural e a creatividade artística. Estas mesmas premisas guiaron os autores e autoras das obras, de tal xeito que, as esculturas animan a cidadanía a adoitar unha nova ollada do seu tempo de lecer, pondo en relación natureza e arte. Todas as intervencións teñen como fío condutor a pedra de granito que xunta a tradición canteirá da bisbarra coa modernidade e cultura galega. A insua do Covo intégrase na malla urbana de Pontevedra para reconstruír o espazo en desuso nunha paisaxe cultural de referencia e modelo de desenvolvemento urbano sostible. A pantasma da insua: de mañá cedo mentres fai exercicio, o protagonista olla uns códigos qr pegados ás esculturas da insua. A través deles accede a un podcast, que na primeira impresión parece aburrido. Porén, decátase que a voz metálica da gravación coñece moitas situacións da súa intimidade que só el sabe. Violación da intimidade nas redes sociais? Imposible, non é usuario. Mais ben, semella cousas de pantasmas... \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 1\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  ELVIRA EDITORIAL \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Lopo, Santiago \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788412800630 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 927845\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54396380610884,"sku":"9788412800630","price":11.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841280063.jpg?v=1741158206","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-illa-das-esculturas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}