{"product_id":"a-gran-travesia-de-chiruca-macallas","title":"A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS","description":"\u003cp\u003e O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdida, entre Escocia e Islandia. O Con de Marín, tal lle din pola nosa ribeira. Manda na ponte unha muller, Mercedes, patroa de pesca e, antes, famosa vocalista do conxunto ForzA dozZE! É unha marea ben curiosa. Entre lance e lance, a mariñeira heavy vai entrar en tratos con Lipeilipeisa, un peixe-sapo que fala, e mesmo aprenderá a cántiga de Mamí Watá, que é a serea negra da Guiné, esa que chegou canda os mariñeiros senegaleses. A gran travesía de Chiruca Macallás conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller, dona dun poderoso universo, que nos revela unha historia de superación. Coa enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos e surrealistas que recrean a atmosfera gráfica de Urbano Lugrís, Xurxo Souto ofrécenos unha novela personalísima que retrata a aventura dunha marea singular con ton epopeico. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 160\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2018.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Souto, Xurxo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491214472 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 633357\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54311628374340,"sku":"9788491214472","price":18.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121447.jpg?v=1740145766","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-gran-travesia-de-chiruca-macallas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}