{"product_id":"a-fin-da-terra","title":"A fin da terra","description":"\u003cp\u003e Unha das escritoras arxentinas máis destacadas actualmente é María Rosa Lojo, de quen Editorial Galaxia publica, en tradución galega, a novela A fin da terra. As orixes familiares da autora, de pai galego, teñen moito que ver con esta obra que sae á luz no 2006 ao mesmo tempo en castelán que en galego. Nun invermo Londinense, alá polo 1874, Elizabeth Armstrong comeza a ler as cartas que inesperadamente lle chegan desde Galicia, desde a afastada vila de Fisterra. A súa correspondente Rosalind, promete nelas rachar o teimudo silencio que sempre rodeou o nacemento da protagonista no Río da Prata. As súas cartas lévana corenta anos atrás, á Arxentina, á tribo dos indios ranqueles, á súa propia orixe. Entrementres Elizabeth fai amizade co case adolescente Oscar Wilde, rexeita ofertas matrimoniais e, fascinada,descobre un pasado, encóntrase co que descoñece de si mesma. Historias e personaxes de tempos e culturas diferentes, dun e doutro lado do Atlántico, da Arxentina, de Irlanda e de Galicia, conflúen neste romance, unha procura no enigma da identidade, un \"camiño de Fisterra\". metáfora do límite e do extremo onde nos enfrontamos ao descoñecido, ao misterio que cadaquén leva dentro de si mesmo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 1\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2006.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Lojo, María Rosa \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788482888866 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241869295940,"sku":"35110","price":20.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978848288886.jpg?v=1697818765","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-fin-da-terra","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}