{"product_id":"a-festa-do-entroido","title":"A festa do entroido","description":"\u003cp\u003e Se se puidese falar dun sistema festivo galego, o Entroido ocuparía un lugar central nel. A revitalización das festas populares que se percibe en moitas culturas occidentais contradí os prognósticos sobre a súa desaparición. En Galicia, como noutros lugares e noutras culturas, o Entroido non só non desapareceu, senón que se revitalizou nas últimas décadas.  Neste novo libro Federico Cocho revisa e actualiza os estudos que comezou a publicar hai un cuarto de século sobre a gran festa de festas que é o Carnaval. Amplía a documentación, incorpora as moitas novidades xurdidas nas últimas décadas ao longo de Galicia e analiza o porqué desa revitalización do Entroido, unha festa interclasista con fondas raíces na cultura popular europea.  O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido galego do século XXI. En particular, a través das súas manifestacións máis singulares, aquelas que lle outorgan un perfil propio ás mascaradas galegas, sexa en contextos rurais, sexa en contextos urbanos.  O primeiro capítulo, As raíces, encadra o Entroido no ciclo festivo e percorre os seus antecedentes históricos romanos e medievais, sen eludir un achegamento ao debate sobre ás súas imprecisas orixes. Polo segundo capítulo, As máscaras, desfilan pantallas, peliqueiros, felos, volantes, boteiros, madamas e toda clase de choqueiros, elementos característicos das mascaradas rurais e símbolos actuais de identidade festiva local.  O capítulo terceiro, As comitivas, salienta o papel do Entroido como elemento de cohesión local (veciñal, parroquial) e, ao tempo, como vehículo para o intercambio e a relación social con outras comunidades, como evidencian as comitivas de xenerais e correos do val do Ulla ou os folións da zona oriental da provincia de Ourense, por citar dous exemplos.  O Carnaval é tamén tempo de xogos e doutros divertimentos, bromas e actividades lúdicas, específicas ou non desta época do ano. A elas dedícaselles o capítulo cuarto, Os xogos. O último capítulo, Símbolos e sátiras, céntrase nas representacións ou personificacións do Entroido como tempo acoutado para o reinado da burla e da broma, así como nas formas de canalizar a sátira e a crítica sociais. Un tempo especial de inversión de valores. O mundo do revés. Unha festa antiga que entra fortalecida e renovada no novo milenio. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 96\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2014.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  NIGRA-TREA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Cocho De Juan, Federico \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788415078340 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47278510014788,"sku":"337685","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978841507834.jpg?v=1698529444","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-festa-do-entroido","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}