{"product_id":"a-estrela-de-oriente","title":"A Estrela de Oriente","description":"\u003cp\u003e Cando Aziz esperta tras ver derruída a súa aldea por un grupo de bandidos, atópase nunha caravana chea de riquezas, con fermosos cabalos de guerra, boas teas e abundantes especias, entre soldados e sabios. E recollido polos homes de Apelio, xefe das tribos que habitan as altas montañas de Oriente, quen lle explica que están alí para cumprir unha antiga profecía. Onense a eles Amerio, príncipe de todas as tribos do sur, onde se atopan as fontes que enchen de auga os grandes lagos de Africa e o Nilo, e Malgalath, druída das nacións celtas do norte, transportados prodixiosamente ata ese lugar dende as súas afastadas terras. Os tres, acompañados polo pequeno Aziz, seguirán a Estrela de Oriente, no seu camiño cara a Belén, por ver de atoparen e agasallaren o novo Rei de reis acabado de nacer. A Estrela de Oriente fálanos dun dos grandes mitos de Occidente, os Reis Magos, retratados por Tiziano, Velázquez ou Rubens, que representan para a infancia un dos misterios máis extraordinarios, un dos referentes do calendario, nos que está presente a ilusión, a maxia, a fantasía. Nesta obra destacan aspectos moito máis universais que os que poidan reflectir ideoloxías ou relixións, como a solidariedade, a relación entre culturas e diferentes etnias ou o compromiso. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 64\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Bouzas, Pemón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499144320 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47274257285444,"sku":"252342","price":15.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849914432.jpg?v=1698445040","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-estrela-de-oriente","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}