{"product_id":"a-esfinxe-de-amaranto","title":"A esfinxe de Amaranto","description":"\u003cp\u003e O autor de As rulas de Bakunin, coa que obtivera un impresionante éxito entre os lectores, cóntanos agora a cativadora historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das mulleres que, máis que vivila, tiveron que padecela. Velaquí unha novela de lectura apaixonante, na que a prosa coidada, rítmica e engaioladora de Riveiro Coello acada ese punto álxido que apreixa e emociona o lector. Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, A esfinxe de amaranto vai descubrindo pouco a pouco ante o lector os segredos e as intrigas que, agochados de xeración en xeración, conforman a historia dunha estirpe con orixes no Oriente e na nosa raia seca. A novela preséntanos un extraordinario abano de personaxes creados coa materia viva da verdade. Desde a figura case mítica do fundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios transmitidos de xeración en xeración, a Verónica, última representante dunha saga de mulleres que loitan con todas as súas forzas por sobrevivir sen renegar da súa propia personalidade. A través deses personaxes imos participar nunha historia que comeza na actualidade, a carón das dunas de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar. Antón Riveiro Coello sitúa nunha noite, e na que ha ser unha última cea, o núcleo a partir do cal imos ir descubrindo a verdadeira historia. Inesquecible e emocionante procura no tempo e nas paixóns, A esfinxe de amaranto afonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. Cunha prosa coidada, transparente e viva que consegue transmitir ao lector o alento dese pasado case mítico para constatar a conmoción reparadora da memoria. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 308\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2003.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Riveiro Coello, Antón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788482886459 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 35050\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241860350276,"sku":"9788482886459","price":21.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848288645_d49c1418-5041-40e6-84d2-a94d3308d89e.jpg?v=1739520010","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-esfinxe-de-amaranto","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}