{"product_id":"a-comercializacion-da-saude-o-hospital-alvaro-cunqueiro","title":"A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. O Hospital Álvaro Cunqueiro:","description":"\u003cp\u003e A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE.O Hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa.Vaamonde García, Pablo (Coord.)Este libro analiza con detalle a situación a que se chegou co desastre do novo hospital de Vigo e sitúa este relato no contexto galego, estatal e internacional. Os seus autores son persoas con gran compromiso social e recoñecidos coñecementos e experiencia sobre o tema. Tamén aportan e propoñen alternativas para dar saída á problemática creada con este proxecto cheo de irregularidades. É un libro excelente que nos incita a todos a seguir loitando e traballando polo dereito á saúde e para que os intereses da poboación prevalezan sobre os das multinacionais, dos es¬peculadores e das tramas que queren facer negocio e lucrarse de forma indecente a expensas dos orzamentos públicos, mesmo poñendo en risco a continuidade do actual sistema sanitario.Marciano Sánchez-BayleOs recortes e as medidas destinadas ao desmantelamento e privatización da Sanidade pública foron a norma nos catro anos de mandato do PP. Só se moderaron, en parte, polo amplo rexeitamento social e profesional que se produciu case desde o primeiro momento. Durante estes anos producíronse as maiores mobilizacións coñecidas en defensa da Sanidade pública estendidas por toda a xeografía do país.Manuel Martín GarcíaNon todo está perdido: as plataformas de defensa da sanidade pública te¬ñen conseguido grandes éxitos. Mais o único que pode salvar os dereitos conseguidos e restaurar o Estado de benestar é un goberno de progreso que defenda a sanidade e os servizos públicos e que procure desligarnos de calquera tratado internacional antidemocrático (TTIP\/TISA ou similar).María Luísa Lores AguínOs cidadáns non poderán esquecer que, por decisións políticas e por afán de lucro, os dirixentes do PP están a poñer en risco a saúde colec¬tiva, ademais de deixar unha severa hipoteca para o futuro da sanidade pública galega. Este hospital, que Núñez Feijoo presentou como o gran proxecto do seu mandato presidencial, deixa ver ás claras o que é na realidade: unha gran estafa.Pablo Vaamonde García \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 154\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Pablo Vaamonde ( Coord.) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484873167 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 471748\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47283940786500,"sku":"9788484873167","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487316.jpg?v=1739896648","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-comercializacion-da-saude-o-hospital-alvaro-cunqueiro","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}