{"product_id":"a-cocina-do-entroido-e-san-xoan","title":"A cociña do Entroido e San Xoán","description":"\u003cp\u003e Entanto o tradicional entroido galego está en decadencia a favor dun carnaval unificado que nos transporta a celebracións afastadas da nosa cultura, a cociña do entroido conserva, por fortuna, todo o seu esplendor secular, de xeito que hoxe contamos cunha verdadeira cociña galega do entroido. Miguel Vila Pernas ofrécenos, con rigor e amenidade, un libro práctico que debulla a cociña do entroido (co porco como protagonista da mesa) e mais a cociña do San Xoán (evocada polas sardiñadas e os churrascos), pescudando na tradición e na cultura propias, sen esquecer as materias primas e ofrecendo un amplo receitario para cociñar, na casa os máis diversos pratos. Para o entroido: o cocido, o lacón con grelos, a androlla, as filloas e freixós, as orellas de frade, as rosquillas, o tripón doce, o bandullo, etc. E para o San Xoán: as sardiñas, cos seus diversos xeitos de preparalas (asadas, en escabeche, recheas, guisadas, rebzadas, cocidas con patacas, salgadas, en tortilla) e as receitas para a grella (churrascos, costelas, chourizos, polbo á grella, luras, paspallases, espetadas, cordeiro en brochetas, etc.). \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 184\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2006.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Vila Pernas, Miguel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497824170 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242853974340,"sku":"88056","price":22.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849782417.jpg?v=1697826037","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-cocina-do-entroido-e-san-xoan","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}