{"product_id":"a-chave-dos-sonos","title":"A chave dos soños","description":"\u003cp\u003e Este libro é unha colección de sete relatos para rapaces, que ofrecen a posibilidade dunha lectura aberta, na que cada un pode tirar as súas propias conclusións. Todos tratan de problemas reais, especialmente as dificultades que teñen os pequenso para viviren nun mundo feito polos maiores, sen pensar demasiado neles. O lector atopará aquí o diario do neno que busca falar con alguén que o entenda, ou a historia de Tocho, un boneco que está convencido de que non serve para nada, como se as cousas inservibles non tivesen tamén o seu encanto. Vai igualmente aquí o conto de Roi, que prefire crear o seu propio mundo á beira do mar: e o de Mario e Marta, incapaces de entender que as bonecas teñan que ser para as nenas e os balóns para os nenos. E algúns máis, como o do reloxio que un día deixou de dar as badaladas. Son historias de nenos contadas para nenos por alguén que aínda ten cousas de neno. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 108\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  García Teijeiro, Antonio \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788471546531 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 35506\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241909600580,"sku":"9788471546531","price":12.4,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978847154653_daa84ac4-5d72-4bbf-8abd-b38701b9c2e2.jpg?v=1739520391","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-chave-dos-sonos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}