{"product_id":"a-casa-do-amo","title":"A casa do amo","description":"\u003cp\u003e A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racistas, ás «ferramentas do amo». Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial. É tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais. Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorías decoloniais e antirracistas que se usan aquí para deitar unha ollada crítica a diversos textos que, lonxe de pretender constituírse en catálogo, buscan interpelarnos para transformar os alicerces da casa de xeito que absolutamente todas as persoas teñamos acubillo nela. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 152\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Reimóndez, María \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411104722 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 937014\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54398541627716,"sku":"9788411104722","price":18.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110472.jpg?v=1741183759","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/a-casa-do-amo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}