
A antesala luminosa
O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido. Cando comproba que está vivo, inicia a súa busca por distintas cidades mentres vai lendo unha novela escrita polo fuxitivo en terceira persoa que só contén capítulos pares, polo que os feitos narrados polo inspector en primeira persoa funcionan a modo de capítulos impares. Estamos, pois, ante dúas medias novelas que se complementan nun xogo metaliterario nada complicado para o lector. Unha das historias transcorre en doce días e a outra alóngase durante vinte anos;están escritas con diferentes estilos. Crime, intriga, corrupción, impunidade, whisky abundante, sexo, prostíbulos, garitos de xogo... presiden unha das historias;a outra trata sobre o amor, a convivencia, o demo, o inferno -a loucura- como tema catalizador, como antesala luminosa da morte. Estamos ante unha novela mestiza, mulata. Unha novela que paga a pena ler como contribución a un xénero negro menos xenuíno e máis transcendente.
Número de páginas: 264
Año de edición: 2015.0
Editorial: XERAIS
Idioma: GLG
Autor: Tizón, Antonio
EAN: 9788499148007
Código interno: 336870
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
