
O libro e o tapiz
Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica, lugar onde se criaban os fillos dos reis. Nesta novela de Xabier Paz, ademais dos sucesos históricos e dos personaxes creados pola historiografía dominante, asoman os seres humanos que só a literatura é quen de revelar. Enfrontadas entre si, estas dúas figuras cimeiras van evidenciando cadanseu propósito de dominio nun relato que sucede no marco das loitas entre o poder laico e o eclesiástico, e a reforma gregoriana sustentada pola orde de Cluny. As fronteiras indecisas e as alianzas efémeras, o auxe relixioso e cultural de Compostela e do Camiño, o papel dos magnates galegos na crianza de reis, o nacemento de Portugal como póla esgazada do reino de Galiza... Estes son algúns dos fíos que conforman o pano onde se desenvolve a tirapuxa entre o arcebispo e a raíña. Xabier Paz volve ofrecernos a súa narración precisa e suxestiva para nos transportar a un tempo apaixonante, berce axitado de mitos políticos e culturais propios e alleos, febra consistente da identidade histórica galega.
Número de páginas: 304
Año de edición: 2023.0
Editorial: XERAIS
Idioma: GLG
Autor: Paz, Xabier
EAN: 9788411103633
Código interno: 881921
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
