Modelos de lingua e compromiso

€10,95

Modelos de lingua e compromiso é unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma e a súa recuperación. A publicación, coordinada por Xosé Manuel Sánchez Rei, dá acubillo a traballos realizados polas profesoras e polos profesores da Facultade de Filoloxía da UDC Goretti Sanmartín Rei, Laura Tato Fontaíña, Manuel Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato e o propio Xosé Manuel Sánchez Rei, integrantes, asemade, do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da UDC (http:www.illa.udc.gal). O estudo participa no debate vixente sobre o modelo lingüístico que se debe promover ou sobre se realmente ten sentido falarmos dunha "lingua de calidade", profundando na necesaria confluencia entre o compromiso real co idioma desde as institucións públicas coa proxección dunha referencia exemplar digna de calidade para o galego. Por iso, o propio título deste volume colectivo, Modelos de lingua e compromiso, sintetiza con acerto unha das ideas xerais contidas e matizadas en cada un dos traballos desde prismas diferentes, cal é o estreito vínculo entre a implicación coa normalización do galego en todos os ámbitos de uso e a predilección por un modelo lingüístico capaz de o estilizar e de o dignificar;dificilmente se pode pensar nunha restauración social da lingua cando o que se pretende restaurar está fortemente erosionado polo español, cando se confunde autenticidade idiomática soamente con variedades coloquiais ou cando se parece tolerar con certa normalidade, mesmo en ámbitos académicos, inquietantes doses de hibridación con aquela lingua. Para desenvolver estes puntos de partida, preséntase unha organización das cinco contribucións que avanza do máis xenérico a cuestións máis concretas: -"Lingua oral, calidade da lingua e futuro do galego", de Xosé Ramón Freixeiro Mato. -"A preocupación por unha lingua oral de calidade: aproximación histórica ao caso do galego nos anos finais do século XIX e nos inicios do XX", de Xosé Manuel Sánchez Rei. -"Arredor da calidade da lingua no teatro da primeira metade do século XX", de Laura Tato Fontaíña. -"Eduardo Pondal á procura do verbo sublimado. Arredor das re-escrituras pondalianas", de Manuel Ferreiro. -"A estética da seguranza. Lingua e transcendencia en Rosalía", de Goretti Sanmartín Rei.

Número de páginas: 212

Año de edición: 2015.0

Editorial: BAIA

Idioma: GLG

Autor: Sánchez Rei, Xosé Manuel

EAN: 9788499951492

Código interno: 332777

Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.

Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.

Pídelo ya y recíbelo en 48 horas

En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.

Card Slider with Swiper
★★★★★
Buena atención al cliente, sin respuestas programadas ni frivoliadades de otro tipo. Así da gusto.
Marcos G Verified Verified
★★★★★
Gusta poder comprar en una tienda donde hablan tu mismo idioma.
Edu Verified Verified
★★★★★
Envío rápido y trato directo. Muy recomendable.
Eva L Verified Verified
El proceso de compra es sencillo y la entrega bastante rápida.
Nando Verified Verified
★★★★★
Todo perfecto, aunque estaría bien más opciones de pago. Aun así, repetiré sin dudar
Juan P Verified Verified
★★★★★
El servicio postventa es estupendo. Tuve un problema con un envío y lo resolvieron sobre la marcha.
Marta Verified Verified
Son los mismos libros que en cualquier otra tienda, pero aquí ven el mundo como yo, y eso me gusta.
Aida Verified Verified
Los libros me llegan en una caja de cartón todo fea. Todo en orden.
Andrea Verified Verified