
Alguén virá...
Alguén virá... é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX, Luís Seoane (1910-1979). O marco temporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de reformulación das hexemonías culturais nun Atlántico norte co que el seguía vencellado, aínda dende a distancia do exilio. Eran anos nos que o triunfo da narrativa da \"posguerra\" despois da Segunda Guerra Mundial contrastaba coa persistencia da guerra que expulsara da península a milleiros de exiliados republicanos. Neste contexto --ineludible para entender o encontro cos intelectuais de Galaxia do período 1956-1958--, Seoane afonda na percepción do desaloxo da historia á que estaban forzados os exiliados, unha conclusión pesimista que metaboliza, porén, a través da escritura literaria. Exemplo disto son o poemario As cicatrices (1959) e, sobre todo, a obra de teatro A soldadeira (1957), analizadas no libro. Alguén virá... parte destes escritos para establecer un diálogo entre a filosofía da historia coa que o romántico Seoane se defende do momento de perigo que foron para el os anos cincuenta e os textos que escribira dúas décadas antes unha das voces de referencia do romanticismo revolucionario da Europa de entreguerras, o Walter Benjamin das Teses sobre a filosofía da historia. Pensar a Seoane dende o diálogo co fervedoiro que foi a Europa dos anos vinte e trinta, que el non deixa de revisitar ata a fin dos seus días, é facerlle xustiza ao pensamento que informa o seu plural legado cultural.
Número de páginas: 124
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Idioma: GLG
Autor: Pablo García Martínez
EAN: 9788484876243
Código interno: 878597
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
